martes, 6 de octubre de 2015

LEDICIA COSTAS: NOVO PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

1. Ledicia novelista:
 
PREMIO NACIONAL NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL.
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

http://www.xerais.es/libro.php?id=3591495

o corazon de xupiter-ledicia costas-9788499144337        unha estrela no vento-ledicia costas-9788483024812       recinto gris-ledicia costas-9788499146089



2. Ledicia poetisa:

Xardín de Inverno nace do drama da morte. A partir da perda, empréndese un intenso percorrido por distintos escenarios cargados de símbolos. É unha viaxe introspectiva cara ao lugar máis puro e máis desolador: o propio eu. Como superar a dor da ausencia? A obra vai tecendo os fíos necesarios para soster a alma cando está a piques de se precipitar ao baleiro máis absoluto. Xardín de Inverno é un canto ao recordo, á permanencia dos seres queridos máis alá da morte.
a miña avoa morreu

levou con ela o corazón da figueira

e a súa sombra de estío

as hamacas no verán eran unha terra fresca
onde os coleópteros trazaban microclimas
arredor de nós

pero xa non,
e aínda que seguimos tendo un galo portugués
que muda de cor cando chove,
ela non vai volver

ela non vai volver
amasar roscas na mesa da cociña,
ela non vai volver pasear os seus ollos de galaxia
a través dos vestidos novos


No hay comentarios:

Publicar un comentario